00:40 h. sábado, 20 de abril de 2024

ACCESO SOCIAL Á VIVENDA

A PAH convoca unha mobilización urxente para frear un novo despexo

Redacción | @VigoDixital  |  17 de septiembre de 2014 (09:59 h.)
Unha concentración anterior  [Imaxe: PAH]

Exixen que a Xunta lles ofreza ás persoas afectadas unha alternativa habitacional “no seu entorno”.

A Plataforma de persoas afectadas polas hipotecas (PAH) convoca para o vindeira quinta feira (xoves) día 18 unha concentración urxente, ás 11h diante do edificio da Xunta (no  Areal).  A causa é o despexo inminente de Ángeles, Teresa e Carlos.

“Depende de ti, de todas e todos que se queden na rúa” apelan desde a plataforma, chamando a participar no protesto co que pretenden aumentar a presión social na procura dunha solución para as persoas afectadas. O obxectivo é lograr que o Goberno autonómico lles oferten “unha alternativa habitacional no seu entorno”. 

A PAH inscribe o caso destas tres persoas na situación de emerxencia social que se está a vivir na cidade. Un contexto que fai imposíbel para un cada vez maior número de persoas faceren fronte aos gastos “de aluger, da auga, da luz, do repago de mediciñas, de necesidades alimentarias e a emerxencia habitacional como a que leva a Teresa, Carlos e Ángeles a verse expulados da súa vivenda”, explican nun comunicado.