Imprimir

Sereos cumpre 14 meses na rúa sen resposta do Concello

Redacción | @VigoDixital | 03 de octubre de 2014

Advirten de que a furgoneta que substitúe agora o servizo rachou por completo as condicións de traballo e a atención das persoas máis desprotexidas.  [Vídeo no interior]

[Vídeo: GZVideos]

Nova protesta para esixir a reapertura do programa Sereos do Casco Vello. O coletivo Imán e a Parroquia do Cristo da Victoria pediron un mes máis ao Concello de Vigo que rectifique a súa decisión.

Pasaron 14 meses dende que a Concellería de Benestar Social pechou sen previo aviso o local, na rúa Elduayen, onde se levaba a cabo este programa municipal para persoas sen recursos e sen teito. Denuncian que o goberno de Vigo tomou esta medida para expulsar ás persoas pobres do centro da cidade, polo que iniciaron unha recollida de sinaturas.

Advirten que a furgoneta que sustitúe agora o servizo rachou por completo as condicións de traballo e a atención das persoas máis desprotexidas. Aseguran que se o Concello segue sen dar resposta as súas demandas, o vindeiro mes nomearan a Abel Caballero e a Isaura Abelarias "persoas non gratas".

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://vigodixital.opennemas.com/articulo/social/sereos-cumple-14-meses-na-rua-resposta-do-concello/20141003131621000561.html

Vigo Dixital
© 2019 Vigo Dixital

VIGO dixital | Información local ao servizo da veciñanza
>Na Rede desde o 1 de setembro de 2014


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS