08:41 h. jueves, 28 de marzo de 2024

CONFLITO DA ROTONDA

A Subdelegación nega que recibira as denuncias do Concello contra a veciñanza de Coia

Redacción | @VigoDixital  |  13 de enero de 2015 (17:26 h.)

O Concello trasladara supostamente o pasado domingo máis dunha vintena de denuncias por atentado contra a autoridade, segundo recollía a prensa local. [Vídeo no interior]

A Subdelegación do Goberno descoñece a existencia das 25 denuncias que, segundo informaba a prensa local o pasado domingo, lle trasladara o Concello de Vigo polo conflito veciñal en Coia. Fontes da institución negan que recibiran notificación algunha, mais non descartan que se poidan producir nos vindeiros días.

As supostas denuncias foron anunciadas polo Faro de Vigo e despois polo diario Atlántico, horas despois de que a veciñanza denunciara unha campaña de represión policial en rolda de prensa. Polo momento se manteñen as causas abertas contra tres veciños, detidos por presuntas agresións a axentes municipais, e as sancións por pitar dende o coche en apoio á protesta.

Durante as cinco semanas de resistencia na rotonda de Coia, un total de 40 veciños e veciñas resultaron identificados. 

Durante as cinco semanas de resistencia na rotonda de Coia, un total de 40 veciños e veciñas resultaron identificados. Segundo recollía o Atlántico, que cita fontes municipais, as xestións das 25 denuncias perante a Subdelegación e a Fiscalía foron realizadas polo concelleiro de Seguridade, Carlos López Font.

O Concello prepara unha nova denuncia 

O propio Font asegurou este martes que tramita unha nova denuncia, nesta ocasión por unha mensaxe nunha rede social, que considera ameazadora para axentes e operarios. O concelleiro utilizou este feito para insistir no carácter violento da loita veciñal.

Mentres, na redonda de Coia, o Concello apura os traballos. A madrugada do luns reanudaron as obras, custodiado de novo por un forte dispositivo policial. Os operarios conseguiron avanzar a base de cemento sobre a que está previsto que se instale o Bernardo Alfageme.

A veciñanza convou para este venres unha manifestación, que partirá ás 20 horas de Praza América con dirección a rotonda de Castelao, para seguir presionando en contra da polémica obra. 

[Vídeo: @HiddenGods]