00:10 h. martes, 23 de abril de 2024

A televisión rusa RT faise eco da solidariedade viguesa coa resistencia antifascista na Ucraína

Redacción | @VigoDixital  |  22 de septiembre de 2014 (20:25 h.)

Os informativos de Russia Today deron conta da concentración da pasada sexta feira, promovida por 'Mar de Lumes' e apoiada por catorce organizacións sociais e políticas.

Os informativos da canle de televisión rusa, Russia Today (RT), no seu sinal internacional en lingua española, fixéronse eco da concentración de solidariedade coa Ucraína antifascista que tivo lugar a pasada sexta feira na nosa cidade. 

A convocatoria impulsada polo Comité Galego de Solidariedade Internacionalista ‘Mar de Lumes’ e apoiada por catorce organizacións sociais e políticas, logrou congregar a máis dun centenar de manifestantes, que expresaron o seu rexeitamento contra a ofensiva imperialista contra o povo ucraíno, baixo patrocinio da UE e da OTAN.

As causas do conflito e a situación que se vive no país foron debulladas por Óscar Valadares, activista de Mar de Lumes, nunha recente entrevista realizada por VIGO dixital.