Imprimir

VIGO dixital estrea unha sección para coñecer a historia da cidade

Redacción | @VigoDixital | 02 de enero de 2015

Cada mes publicarase un texto do Historiador e Arqueólogo Eduardo Rodríguez Saiz para coñecermos mellor a orixe da nosa cidade, o seu desenvolvento ao longo dos tempos e o inxente patrimonio que nos legou pasado.

Nos últimos anos, o avance do coñecemento histórico en Vigo está a ser espectacular. As noticias que teñen á arqueoloxía e á historia como protagonista comezan a ser habituais nos medios de comunicación locais, o que sen dúbida é unha moi boa nova: o patrimonio cultural é un elemento indiscutible de cohesión social, ademais dunha fonte de goce e crecemento persoal. Esta constante presenza de noticias de natureza histórica fai que aumente a demanda de coñecemento entre a cidadanía.

Aproveitando este pulo, dende VIGO dixital pensamos que é un bo momento para que o coñecemento do noso pasado reverta na veciñanza, para contar que Vigo é unha cidade con historia.

Cun artigo mensual pretenderemos que o coñecemento científico chegue á cidadanía. Temos que ser quen de fomentar o interese da comunidade polo noso pasado, polo noso entorno e polo noso patrimonio: a educación e a cultura seguen a ser instrumentos fundamentais para ao servizo dunha sociedade madura e libre.

A sección “Cidade con historia” estará coordenada por Eduardo Rodríguez Saiz, Historiador e arqueólogo desenvolve proxectos relacionados co patrimonio cultural e arqueolóxico, ademais exercer a docencia en cursos relacionados coa historia e o patrimonio. Autor de máis dunha ducia de artigos en revistas especializadas, en 2013 publicou “As lembranzas soterradas. Unha lectura arqueolóxica da Coia histórica”, libro editado polo Instituto de Estudios Vigueses.

 

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://vigodixital.opennemas.com/articulo/cidade-con-historia/vigo-dixital-estrea-seccion-conecer-historia-da-cidade/20150102181349000781.html

Vigo Dixital
© 2019 Vigo Dixital

VIGO dixital | Información local ao servizo da veciñanza
>Na Rede desde o 1 de setembro de 2014


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS