05:41 h. viernes, 29 de marzo de 2024

O EQUIPO VIGUÉS CAEU 38 A 31 DIANTE DO GUERNIKA RT

O Vigo Rugby tráese un importante dobre bonus de Euskal Herria

Marco Oubiña | @MarcoOubina  |  14 de septiembre de 2014 (23:42 h.)
[Imaxe: Vigo Rugby]

Alberto Mera sorprendeu cun XV moi xove, demostrando coraxe e actitude no primeiro encontro da tempada na División de Honra.

O Blusens Universidade de Vigo tráese un importante dobre bonus de Euskal Herria, tras caer por 38 a 31 ante o Gernika RT, nun campo, onde en tempadas anteriores o equipo olívico caía sempre con contundencia. Tras a finalización do encontro o equipo técnico mostraba a súa satisfacción pola intensidade demostrada, un cambio de actitude radical respecto á pasada tempada. Ademais o equipo da Universidade estivo preto de levarse o partido ao ir gañando no minuto 70 por 30 a 31.

Tras o ensaio inicial todo indicaba un resultado avultado e un encontro doado para o equipo basurde, pero tan só foi un mal inicio que se viu contrarrestado inmediatamente polo equipo vigués que deu volta o marcador no minuto 11 co primeiro ensaio da xornada de Maka Tatafu, que anotaría dous máis no partido, e a transformación de Borja Vera e a marca de Rucho Rodríguez, un dos xogadores destacados do partido.  O primeiro tempo remataría cun axustado 18 a 17, outorgaba esperanzas e boas vibracións para a segunda metade grazas a consistente dianteira do Vigo Rugby e a firmeza na melé e na touche.

A segunda metade comezaba con desvantaxe para o Blusens Universidade con 14 xogadores polo sen bin de Parga, permitindo ao Gernika distanciarse no marcador con 2 ensaios a través dos irmáns Olaeta. Malia a vantaxe acadada polo equipo basurde, o XV vigués non baixou os brazos e mostrou ese cambio de actitude que buscaba o corpo técnico dando volta o marcador cos ensaios de Tatafu e Parga para se poñeren por diante no marcador por 30 a 31 cando restaban 10 minutos para o final. 

Nestes minutos finais, a afección local converteu Urbieta nunha pota a presión, axudando ao seu equipo a non deixar escapar o partido. Sería tras un  ensaio e un golpe de castigo nos últimos minutos, para deixar o resultado de 38 a 31, que lle permite sumar 5 puntos na táboa de posicións e ao Blusens Universidade traerse 2 puntos bonus de ouro. 

A vindeira semana incorporarase Parata, xa en Vigo, e posiblemente algúns dos xogadores tocados que viaxaron co equipo a Gernika. O próximo partido do Vigo Rugby será nas Lagoas   Marcosende ante o último campión, o Queixos Entrepinares, o sábado ás 17.00 h. 

 

Ficha técnica


  • Gernika RT: Nicolás Martínez, Jon Bilbao, Iñigo Urrutia, Iñaki Ortiz, Eneko Insunza, Jon Magunazelaya, Mattew Poulas, Sala Mua, Patricio Long, Iker Olaeta, Abdela Essameb, Koldo Barandiaran, Magin Souville, Iñigo Olaeta e Federico Castiglioni. Tamén xogaron: Ibai Amilategui, Oscar Astarloa e Asier Latorre. Suplentes: Jon Ordonika, Jon Urkijo e Ibon Agirre.
  • Blusens Universidade de Vigo: Marcos Muñiz, Vicente Prieto (C), Maka Tatafu, Rubén Rodríguez, Mariano Berlande, Adrian Fernández, Javier Abadía, Mpho Mbiyoso, Borja Vera Garcia-Portillo, Javier A. Parga, Brais Sánchez, Mauro González, Carlos de Cabo, Luis Losada e David Riveiro. Tamén xogaron: Pedro González e Alvaro Caride. Suplentes: Juan M. Rodríguez, Victor Salgado, Jorge Barbudo e Paul González. 

Tanteador:

Min 5 ensaio de Iñigo Urrutia, 5 a 0

Min 11 ensaio de Maka Tatafu trasnformado por Borja Vera, 5 a 7

Min 15 golpe de castigo pasado por Iñigo Olaeta, 8 a 7

Min 24 ensaio de Rubén Rodríguez, 8 a 12

Min 28 ensaio de Essameb, 13 a 12

Min 31 ensaio de Insunza, 18 a 12

Min 39 ensaio de Tatafu transformado por Borja Vera, 18 a 17

Descanso

Min 45 ensaio de Iñigo Olaeta, 23 a 17

Min 54 ensaio de Iker Olaeta, transformado por Castiglioni, 30 a 17

Min 62 ensaio de Tatafu transformado por Borja Vera, 30 a 24

Min 63 ensaio de Javier Parga, transformado por Borja Vera, 30 a 31

Min 76 ensaio de Barandiaran 33 a 31

Min 78 golpe de castigo de Castiglioni, 38 a 31

  • Incidencias: O colexiado David Castro mostrou amarelas a Javier Parga por parte do Blusens Universidade de Vigo, no minuto 40, e a Ortiz, no minuto 34, e Mua no 57 por parte de Gernika.