23:32 h. Vernes, 22 de Septembro de 2017

Vigo Dixital

Cartas ao director

Balaídos, a Panificadora e a Biblioteca central

VIGO dixital está aberto ás túas opinións. Envía a túa carta ao correo electrónico cartas@vigodixital.com, indicando o teu nome e apelidos e documento de identidade.

Cartas ao director | 15 de Septembro de 2014

  • Por MANUEL REINOSO DOMINGUEZ (Vigo)

 

Vaia por diante que quen isto subscribe é un afeccionado ao fútbol e defensor do Celta alá onde me atope, e tamén cidadán desta cidade e deste país.    

Anda o noso   alcalde  na teima da reforma do Estadio Municipal de Balaídos, cun presuposto de 25 millóns de euros, e nesa tarefa estanse enfrascando a Deputacion e a Xunta nun pulso para ver quen sae mellor na foto neste tema tan “sensible” para a cidade . Nesta liorta, quen se prece de oporse a esta reforma é logo tratado como anti-vigués , sen máis matices.

Esta alegría investidora choca  co desdén, o desleixo e a desafección das nosas autoridades polo coñecemento, a sabedoría, a cultura , e proxectos como a Biblioteca e a Panificadora

Pois ben , é certo que o Celta necesita un gran estadio. Tamén é certo que o estadio é municipal e que o Celta é unha sociedade anónima deportiva. Vigo e o Celta deben ir da man e polo tanto o Concello debe concederlle a concesión do campo por 25 anos para a súa actividade. E aquí radica o quid da cuestión .Como se fai esa concesión ? O concello que, e como, negocia co Celta ? As administracións públicas non poden investir 25 millos de euros sen que teñan un retorno para os cidadáns . 

Nós investimos eses cartos, pero teñen que vir de volta e a forma sería asinar un convenio no que o CELTA SA  pagara o Concello o 5% do seu presuposto anual (este ano 2014 é de 30 millóns, máis menos, sería polo tanto 1,5 millóns ). Se desgraciadamente no tempo o Celta baixara a segunda e o presuposto baixara (10 millóns ,por exemplo , pois pagaría 500.000 € ).  Esta sería a forma máis xusta para facer de Vigo e do Celta un proxecto en común ,solidario e recíproc , onde ademais os non afeccionados ao fútbol da nosa cidade desexarían os mellores éxitos o Celta polo ben da cidade e a recuperación do patrimonio investido. Este sería o camiño , o demais é regalar alegremente o patrimonio municipal a unha empresa privada.
   
Este proxecto de investimento en Balaídos, tal como se vai facer, faise desolador para unha parte importante da nosa cidade , que ve como esta alegría investidora choca  co desdén, o desleixo e a desafección das nosas autoridades polo coñecemento, a sabedoría, a cultura , e proxectos como a Biblioteca e A PANIFICADORA , non pasan de valeiras palabras ou como moito de unhas litografías nos xornais.

Teremos un Balaídos fermoso, nas mans do Celta SA , unha Panificadora en ruínas no corazón da cidade e unha Biblioteca Central no limbo. Volverase repetir a historia  e dentro duns  anos repetiremos a cantinela do Vigo que puido ser e non foi.

 

Máis accións:
Outros autores
Facebook