20:49 h. Lunes, 20 de Noviembre de 2017

Vigo Dixital

Cartas ao director

A Cultura: a outra “cruz” de Caballero

VIGO dixital está aberto ás túas opinións. Envía a túa carta ao correo electrónico cartas@vigodixital.com, indicando o teu nome e apelidos e documento de identidade.

Cartas ao director | 10 de Octubre de 2014

  • Por XEROME CALERO (Vigo)

A Cultura: a outra “cruz” de Caballero.A programación municipal de artes escénicas para os tres últimos meses de 2014, a desenvolver no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, é a demostración e a evidencia da política “paleta e provinciana”, no senso “madrileño”, do actual goberno municipal do Sr. Caballero. E decir...del mesmo.

Qué agocha a actual programación que o alcalde e os xornais resaltan como 17 espectáculos...17?.

A programación municipal de artes escénicas para os tres últimos meses de 2014 é a demostración e a evidencia da política “paleta e provinciana”

Despois de que o Concello anunciara a súa adhesión á Red Platea do INAEM do Ministerio de Cultura de España, o que moitos sospeitamos e tememos: o desprezo e postergación das artes escénicas galegas, e dos espectáculos da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC).

Pasen e vexan a programación:

  • Tres espectáculos de danza coa Red Platea, e ningunha compañía galega a través da Agadic.
  • Trece espectáculos de Teatro coa Red Platea, non galegos, e catro coa Agadic, galegos.
  • Un de música galega coa Agadic.
  • Sete espectáculos, non galegos, de Teatro Familiar (nenos) coa Red Platea, e un coa Agadic, galego.
  • Como dous dos espectáculos de Danza non teñen idioma, dos catorce espectáculos teatrais, once en español e catro en galego.
  • Dos nove para público familiar, oito en español e un en galego.

Toda unha posta en valor do teatro e da danza, que se fai en Galiza, e toda unha promoción do noso idioma. Debe ser isto ao que se refería o Sr. Caballero cando proclamou aquilo de “colocar o galego no lugar que lle corresponde”, na campaña “Gústame o galego”.

Nestes tempos de crise e miseria, onde é fundamental o apoio público ao sector escénico galego, o Concello de Vigo contrata menos a través da Rede Galega, que Concellos como Tui, Gondomar, etc. 

Vigo contrata menos a través da Rede Galega, que Concellos como Tui ouGondomar

É a miopía mental, a megalomanía, que lle leva a proclamar que temos as mellores Festas de España, (referiríase á Semana Santa?), mentres re-mata despois de quince anos coa Rede Municipal de Teatro, “Vigo a Escena”, recorta 40.000 euros no Festival de Teatro Alternativo, ALT, e a que re-matou co Festiclown en Vigo, e só por referirme ao apartado das artes escénicas. 

É o mesmo que rebaixou o orzamento para a Programación de Música, Teatro e Danza. E o mesmo que se autonominou como actor(diós!)para unha webserie, faltaría mais, en castelán. É o mesmo que este verán dixo que non había “Semana Grande” porque a Vigo quedáballe pequena.

O mesmo que regalou cinco millóns de euros, públicos, a anterior xestora (xa fundida polas débedas)do Auditorio de Beiramar, ou o que volta con outra regalo de quinientos mil euros, públicos, á nova xestora (que ten un capital de tres mil quinientos euros), para “promocionar a cultura”. Por certo dúas empresas privadas. Promoción cultural pública, chámalle.

O Sr. Caballero non é un falsario. Esta é a súa programación e o seu apoio ás empresas e compañías artísticas galegas. E cito tanto ao Sr. Caballero porque o actual concelleiro de Cultura...existe?

Madrid segue cultivando estes “paletos de provincias” como alí chaman aos que sempre pensaron que en Galiza non temos categoría artística, mentres quedan coa boca aberta diante das marabillas da capital.

Pero son os mesmos que cando algún actor, actriz, ou compañía do noso país, ten recoñecemento fora, porque grazas ao seu apoio non é posible aquí, non teñen vergonza en sair os primeiros na foto...”. De Madrí al cielo...Caballero”.

Señor! Outra cruz!

Más acciones:
Otros autores
Facebook