15:14 h. viernes, 29 de marzo de 2024
Cartas ao director

Hoxe por Teis, mañá por nós!

VIGO dixital está aberto ás túas opinións. Envía a túa carta ao correo electrónico cartas@vigodixital.com, indicando o teu nome e apelidos e documento de identidade.

Cartas ao director | 21 de septiembre de 2014

  • Por MANUEL GUERRA FERREIRA (Vigo)

A Directiva da Asociación Veciñal de Teis, ten presentada unha querela nos Xulgados   de Vigo contra o rexedor municipal,  Sr.  Abel Caballero. Dita “querela”fundaméntase no  presunto delito de inxurias e  calumnias,  feito acontecido durante unha estadía do rexedor no plató  dunha TV Local viguesa. Nese intre,  dando  resposta a unha pregunta  da presentadora do programa entorno o conflito pola privatización do CENTRO CÍVICO de TEIS, o Sr. Alcalde, verbalmente   respóndelle:  “Quieren que le regalemos  cincuenta y cinco mil euros  para usos particulares”.

Ainda que o xefe da  marca “Alcaldía…" pense que a verba  populista dá carta branca aos seus credo-practicantes  para verborrear todo que lles “peta”, a  cousa non é así. Os  efectos son  directos para as persoas aludidas. Mais tamén  indirectos para  todo/as aqueles  viciños/as que  que comparten de xeito organizado unha actividade cívico –social semellante á Directiva Veciñal de Teis. Neste caso de non xurdir a decidida  acción “cívico veciñal” na defensa da  súa  honra e ética veciñal, que historicamente   teñen acreditada, cicais  mañá  podemos selo outros directivos de calquera outra entidade veciñal viguesa,(excepto as directivas submisas) .

O traballo de decenas de persoas no movemento veciñal, A.V. Teis incluida,  é impagable para o Concello

Saiba Sr.Alcalde-Ministro de que se trata. Os que participamos do  Movemento Veciñal Vigués, non gastamos o diñeiro en “cuchipandas”, insulto escoitado lamentablemente  nun  Plenario  do Concello por boca do Concelleiro  de Participación  Cidadá. Tampouco cobramos como vostedes, salarios que  ben poden sustentar  varias familias. Nin viaxamos en coche oficial pagado polos cidadáns, etc .Tentamos  coidar o mellor que podemos os centros veciñais dos que participamos.  Investimos neles os rendementos que xeneran . A nosa conta particular bancaria NÓN  incrementa saldos por ter man longa. Estamos segurísimos ademais de  qué o traballo de decenas de persoas no movemento veciñal, A.V. Teis incluida,  é impagable para o Concello.

Cómpre entón, que sexamos bos e xénerosos  co autor dos insultos. Trátase dun“repúblicano pola noite, monárquico-franquista pola mañá e mentirán todo día”

Ser mal agradecidos e de mal nacidos Sr.Alcalde. Xa sabe que sempre pensa o ladrón que todos són da súa... O silencio gardado por vostede  entorno a operación “Patos”, as últimas novidades entorno o enchufísmo a dedo no Concello, escomenzan a poñer a “Marca da Casa Alcaldía", de moi dubidosa credibilidade cidadá. A cousa xa é tertuliana e abre a furna das sospeitas do uso de diñeiro público para usos privativos e algo máis de amigos/as e amiguetes. Agora,  decatámonos do porqué  da privatización dos Centros Cívicos, xerando  as condicións de despedimentos de traballadores/as con antigüidade laboral. 

Ao tempo que se lle retira a confianza ás asociacións, que coma no caso A. V.de TÉIS ben  xestionaban o Centro Cívico, sospeitosamente cómpre pensar que todo se moveu na  prioridade obxectiva de “ubicar novas  caixas de enchufes con novos elementos   enchufados…?”. Pouco a pouco, imos ollando como na súa Populista República Viguista! Seica estamos no bo camiño de Andalucía  ou Baleares, de tanto que chove alí cheirento e privatizador. Eiquí, fálase operación “Patos” e do  enchufismo  marca “ALCALDÍA”. Cómpre entón, que sexamos bos e xénerosos  co autor dos insultos. Trátase dun“repúblicano pola noite, monárquico-franquista pola mañá e mentirán todo día” .Quen di menos …? .Logo, todos podemos ser a AV de Teis calquera día. 

 

Autores de opinión
Facebook