00:18 h. jueves, 28 de marzo de 2024
Telmo Comesaña Pampillóm

BARCO verbo CARRO

Presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36.

Telmo Comesaña Pampillóm | 25 de enero de 2015

En este Vigo dos meus amores e tamén das miñas dores, ímos tan de presa que perdemos as referencias do noso pasado histórico, como por exemplo: os tranvías, edificios senlleiros, mostras de empresas que foron fundamentais no desenrolo de vigo, e outras moitas que o devalar do tempo deixa arrombadas e fora de uso.

Pero, vaites! que chegamos a ter un barco, (hai quen lle chama “cascajo”, e din que o mellor que se pode facer con él é desguazalo porque é moi caro sostelo. A vista está que a nosa cultura industrial non da para moito: este barco,que leva dez anos abandonado e sin saber que facer con el, é unha peza histórica: casco de aceiro, remachado, que fixo centos de viaxes aos mares de Irlanda, enfrontándose a temporais e trandonos as pescadas do ran Sol, e tripulado por 14 homes (héroes nunca recoñecidos  como tal), merece un respeto, e debe estar nun lugar onde a xente poida arrimarse a él, tocalo,contarlle os remaches, darlle palmadas nas palas da hélice,fotografarse ao seu carón, ,etc,disque vai ser levado lonxe do mar e aillado sin poder arrimarse a él. E armase a liorta: uns que non, e outros caladiños, e para arranxalo todo aparés un” Asterix”, que cos folgos que lle da a pócima do poder que outros lle deron, esquecese da “aldea” e ponse a favor dos “romanos”.E a rifa segue, con apostas polo medio.

E xa que logo, eu permitome darlle unha idea para compensalo absurdo da situación. Poñamos un carro de bois, armado con fumeiros,canizas,xugo atado co timoeiro e co tentemoso posto, e enriba, o arado, a grade e demmáis trebellos para una labrada, nun peirado de Vigo.

Calquera que lea isto dirá: este está tolo,e pode ser, pero enton xa somos dous Ah! Esqueciame;os cartos que custa musealizar este símbolo é infinitamente máis barato que arranxar Balaidos.

Autores de opinión
Facebook