17:14 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Vigo Dixital

ASÍ SOA VIGO

Dysnomia, moito máis que death metal melódico

mosK  |  18 de Octubre de 2014 (19:27 h.)
Más acciones:

Death melódico é unha das etiquetas coas que definen Dysnomia a súa música e que merece moito a pena escoitar, cun son moi traballado no que amosan a súa claridade de ideas do que queren transmitir. 

A súa andaina enceta como Dark Eternity, pero a comezos deste ano a banda refúndase, estreando novo nome e xa encamiñando un novo proxecto, con novos temas e cun disco no horizonte.

Como moitas bandas de Vigo o directo é un punto forte,  no que a súa execución dos temas é igual de boa que no estudio, na que engaden unha forza so apreciable na música ao vivo e fai vibrar ao público, co bo facer de todos os seus compoñentes sobre o escenario, nun conxunto sonoro no que se amosa unha compenetración que só pode ser froito da pasión e o traballo previo.

Dysnomia está a preparar novo disco para novembro. Entrementres podedes escoitar temas do seu traballo anterior “Selenia”, aínda como Dark Eternity:

Dysnomia esta composto por:

  • Voz: Alex de la Sota
  • Batería: Eloi Pascual
  • Guitarra e voces: Rodrigo Blas 
  • Guitarra: Jorge Fernández
  • Baixo:  Aaron Fariña 

 

Ligazóns


Web oficial: www.dysnomiaofficial.com
Facebook: https://www.facebook.com/DysnomiaOfficial
Twitter: https://twitter.com/Dysnomiaband
Youtube: www.youtube.com/dysnomiaofficial