02:28 h. martes, 19 de marzo de 2024

Opiniones

Non se trata só dun barco nunha rotonda

Hai quen se pregunta hoxe por que tanta lea por unha rotonda . A razón máis primaria é puramente estética. Malia que Abel Caballero está encantado coa imaxe do Bernardo Alfageme na rotonda de Coia, resulta difícil asumir que esta peza histórica vaia lucir --altura do seu pasado-- en medio dunha avenida. O primeiro punto certamente admite discrepancias, mais non que o tamaño do barco (27 metros de eslora) reducirá considerabelmente a visibilidade na rotonda , situada nunha das vías de maior tráfico da cidade. A alternativa, o museo do Mar, semellaba feita a medida , se non fora por entraren en xogo os intereses partidistas de quen terá a titularidade o buque, se Xunta ou Concello.

Manuel Bragado

Agustín ao Nóbel

Chamoume a atención o escaso eco que onte tivo nos medios a candidatura de Agustín Fernández Paz ao premio Nóbel de literatura presentada pola AELG . O nome do autor de Contos por palabras engádese aos de X.L. Méndez Ferrín e Luz Pozo Garza na nómina das candidaturas da literatura galega ao premio que outorga a Academia Sueca cada ano a comezos do mes de outubro.

Telmo Comesaña Pampillóm

BARCO verbo CARRO

En este Vigo dos meus amores e tamén das miñas dores, ímos tan de presa que perdemos as referencias do noso pasado histórico, como por exemplo: os tranvías, edificios senlleiros, mostras de empresas que foron fundamentais no desenrolo de vigo, e outras moitas que o devalar do tempo deixa arrombadas e fora de uso.

Cristian López

A culpa é nosa por ser pobres

Se tes a mala sorte de caer enfermo estos días, e tes que esperar no corredor dun hospital durante horas, non esquezas que a culpa é túa. Ninguén te dixo que enfermaras agora, que hai moita gripe e esas cousas nada previsibles. Esa teima tan nosa de escoller sempre o peor momento, señora conselleira. A culpa non é dos recortes, mal que lle pese a algúns. Ben sabemos o esforzo do seu goberno por facer un novo hospital en Vigo. Algúns din, ignorantes eles, que vai custar tres veces máis que no proxecto inicial. Coño, de facelo, facelo ben, que ninguén diga despois que a Xunta escatima en gastos. Outros que se que vai a ser privado, cando está demostrado que o millor modelo é o de Povisa. ‘Concertazo’ e todos contentos. Inda por riba lle piden explicacións, como se vostede tivera algo que ver con que despidan a xente, que bastante ten con evitar que o Meixoeiro e o Xeral se veñan abaixo. O persoal non teme perder o traballo, que o di De Guindos que sabe moito de economía, teme que lle veña abaixo o hospital por culpa de tanta folga.

Manuel Bragado

Lingua prioritaria e de referencia para Abanca

O compromiso de Abanca de utilizar o galego como a lingua prioritaria e de referencia nas súas comunicacións cos clientes, reiterado en Twitter , constitúe un feito tranquilizador. A actuación corresponsable de numerosos clientes da entidade denunciando nas redes sociais o seu malestar por unha modificación dos criterios do banco adquirido por Juan Carlos Escotet sobre a lingua prioritaria dos seus soportes publicitarios e da documentación utilizada en Galicia abondou para que os seus responsables comprendesen que esta non é unha cuestión que poida quedar ao criterio das campañas de «marketing» ou «comunicación», senón para considerala como un dos principios da posición orixinal da entidade.

Manuel Bragado

Caballero e a rotonda de Coia

O conflito veciñal da rotonda de Coia ameaza con estragar o que semellaba unha tranquila maioría absoluta que procura o alcalde Abel Caballero. Fracasa en Coia o seu modelo de cidade ornamental (que nestas datas de nadal chegou a súa máxima expresión coa exitosa árbore do Sireno), fronte a un veteranísimo movemento veciñal que denuncia o despilfarro dunha obra innecesaria e reclama que os 300.000 euros do custe da rotonda sexan destinados a politicas sociais nun barrio onde viven 30.000 mil persoas, das que un número importante viven no bordo da pobreza. 

Caballero ten moito que explicar

Mentres se amorean as causas xudiciais que acurralan ao Goberno municipal , as explicacións e respostas por parte do Alcalde son sempre as mesmas: ningunha. "Nada que dicir", "non hai comentarios". Esas son as seis palabras máis repetidas polo máximo responsábel político da cidade cando é cuestionado a respecto das moitas frontes xudiciais contra el e o seu Goberno.

Indiferenza municipal fronte a emerxencia social na cidade

Se hai unha prioridade en Vigo, esta debería ser por forza a grave situación de centos de familias traballadoras da cidade. Son máis de 50.000 persoas as que malviven hoxe por baixo o limiar da pobreza na nosa cidade, no límite da súa propia subsistencia. Máis da metade están no paro, boa parte delas desde hai anos. Persoas que non poden afrontar o pago das súas necesidades básicas e que dependen en grande medida de organizacións asistenciais para o facer. Iso, ou viviren directamente en exclusión social.

Derrubar a cruz fascista para erguermos a memoria

É difícil explicar  que un monumento de 12 metros erixido a proposta da Falange para honrar aos caídos do franquismo, e no que se celebraban actos de axitación fascista cada 20 de novembro, continúe a coroar a ladeira do Monte do Castro, no corazón da nosa cidade. A cruz do Castro cumprirá o día 14 deste mes, cincuenta e tres anos en pé. A meirande parte destes, trinta e sete, xa baixo o actual réxime democrático.  Por fortuna, e grazas á loita social liderada pola Asociación Viguesa pola Memoria  Histórica do 36, pode que este sexa o seu derradeiro aniversario. 

Un medio para a veciñanza

A información é un dereito fundamental porque é a base indispensábel para a toma de decisións. A actual oferta informativa local, condicionada polos patrocinios públicos e privados, remata por ser un factor limitante da xa ultraprecaria democracia formal. O silenciamento de toda voz crítica, quer co poder institucional quer con grandes empresas, é máis unha forma de censura asfixiante. O servilismo a cambio de subvención ou publicidade, acaba por converter a información nunha mera mercadoría e nun instrumento ao servizo da domesticación social.
Autores de opinión
Facebook