00:02 h. jueves, 25 de abril de 2024
Cartas ao director

Merdeiros de Vigo

VIGO dixital está aberto ás túas opinións. Envía a túa carta ao correo electrónico cartas@vigodixital.com, indicando o teu nome e apelidos e documento de identidade.

Cartas ao director | 17 de febrero de 2015

  • Por RUBENS ROCHA [@IlCanallaRubens] (Vigo)

 

Esta tarde estiven a acompañar aos merdeiros que son un personaxe do entroido da cidade de Vigo, estes rapaces e rapazas queren revivir o costume viguésa do entroido vigues, estes personaxes son de carácter popular que desapareceron durante a década de 1920 debido a ordenanzas municipais que atacaban a súa figura así como outros costumes transgresores da festa.

Vestirse no entoriodo de merdeiro foi unha tradición habitual nos mariñeiros da ribeira viguesa. O seu obxectivo era amolar á xente durante a festa do carnaval, refregando indiscriminadamente as súas vítimas con restos de peixe podre, é unha tradicion o mar de bonita, na actualidade sustituirón o peixe podre pola vara. O motivo da creación desta figura foi a rivalidade existente entre mariñeiros e labradores. A vestimenta era unha imitación dosescabicheiros, (campesiños que recollían os restos de peixe ouescabiches e baleiraban os pozos negros da cidade para aboar os seus campos), esaxerando os elementos do traxe e os apeiros máis significativos: o gorro, os símbolos campesiños e o farol.

A súa existencia está reflectida na prensa de finais do século XIX e comezos do XX e tamén por estudosos do folclore galego como Vicente Risco ou Xaquín Lorenzo. No entroido vigués do ano 2006 procurouse sentar unha base teórica nun proxecto de recuperación desta figura, coa publicación dun libro sobre o entroido vigués e coa primeira saída á rúa dun grupo de merdeiros despois de máis de 80 anos.

Este ano saíron ás 17:30h polas rúas Real, Praza dá Constitución, Apedra, Chao, Triunfo e a Porta do Sol como tamén pola Ferreria, os alí presentes se sorprenderon a ver os devanditos personaxes ata o punto de que escoite que algúns dicían: de onde veñen? estes que son? diversas preguntas moi boas que delata en se o gran descoñecemento da cidadanía sobre a súa cidade e sobre a súa historia a cal moito ten que ver o ensino dos colexios da cidade ao non inculcar aos alumnos a verdadeira historia e costumes vigueses, poucas persoas recoñeceron a sua figura.

De maneira xeral, o merdeiro acosutma a vagar de xeito improvisado polas rúas da Zona Vella en solitario ou en reducidos grupos carentes de organizacíon algunha. Corre, chouta e berra asustando a xente coa vara e pronunciado vervas e frases malsonantes.

Páseime toda a tarde detrás deles fotografando e grabando as súas canalladas e o seu sentido do humor, suas formas de amolar a toda a xente coa que se atopaban os merdeiros, chegando mesmo a guindarlle fariña as victimas dos merdeiros. Recoméndolle a todo vigues e viguesa que se sumen aos merdeiros xa que esa tradición viguesa ten que volver ás rúas como hai outros costumes na Galiza no entroido.

Fago un chamamento á torre do Concello de Vigo para que esta tradición da historia viguesa sexa recoñecida e coidada como tamén promovida xa que os costumes ancestrais vigueses non se deben enterrar ou mal desprezar.

15/02/2015

Copyright 1998-2015 C.Spouch / ICR - All rights reserved

Autores de opinión
Facebook