Death melódico é unha das etiquetas coas que definen Dysnomia a súa música e que merece moito a pena escoitar, cun son moi traballado no que amosan a súa claridade de ideas do que queren transmitir.
A súa andaina enceta como Dark Eternity, pero a comezos deste ano a banda refúndase, estreando novo nome e xa encamiñando un novo proxecto, con novos temas e cun disco no horizonte.
Como moitas bandas de Vigo o directo é un punto forte, no que a súa execución dos temas é igual de boa que no estudio, na que engaden unha forza so apreciable na música ao vivo e fai vibrar ao público, co bo facer de todos os seus compoñentes sobre o escenario, nun conxunto sonoro no que se amosa unha compenetración que só pode ser froito da pasión e o traballo previo.
Dysnomia está a preparar novo disco para novembro. Entrementres podedes escoitar temas do seu traballo anterior “Selenia”, aínda como Dark Eternity:
- http://dysnomiaofficial.bandcamp.com/album/selenia
- https://www.facebook.com/DysnomiaOfficial/app_204974879526524
Dysnomia esta composto por:
- Voz: Alex de la Sota
- Batería: Eloi Pascual
- Guitarra e voces: Rodrigo Blas
- Guitarra: Jorge Fernández
- Baixo: Aaron Fariña
Ligazóns
Web oficial: www.dysnomiaofficial.com
Facebook: https://www.facebook.com/DysnomiaOfficial
Twitter: https://twitter.com/Dysnomiaband
Youtube: www.youtube.com/dysnomiaofficial