00:06 h. miércoles, 08 de mayo de 2024

TRANSPORTE

Un novo acordo entre PSOE e PP desbloquea formalmente o transporte metropolitano

Redacción | @VigoDixital  |  19 de septiembre de 2014 (10:00 h.)
transporte metropolitano

O convenio inda non se asinou e polo momento só existe o anuncio público dun acordo entre Concello de Vigo e Xunta.

Primeiro foron os orzamentos municipais, co PP local, logo a reforma de Balaídos, coa Deputación de Pontevedra, e agora o transporte metropolitano coa Xunta. O novo clima de entendemento entre o PSOE vigués e o Partido Popular, que hai un meses mantiñan unha forte oposición en todos as frontes, está preto de desbloquear o acordo para conectar a área metropolitana de Vigo no ano 2015.

O transporte metropolitano podería poñerse en marcha en 2015

O proxecto prevé crear unha tarxeta única para os autobuses municipais, comarcais e os barcos que cruzan a Ría. O Concello de Vigo achegará un máximo de 250.000€, segundo adiantou o Alcalde, Abel Caballero, e a Xunta entre o 75% e o 80%, arredor dous millóns. O resto o abonarán os 13 municipios da área metropolitana: Gondomar Baiona, Salceda, Cangas, Fornelos, O Porriño, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Redondela , Salvaterra y Soutomaior, que xunto a Vigo sumaron en 2013 unha poboación de 480.914 habitantes.

Era precisamente a cantidade que debía poñer o Concello de Vigo a razón de que o proxecto se demorase durante anos. O principio de acordo recolle que subvencionará o 20% das viaxes , un importe de 221.580 euros, que podería quedarse curto segundo un informe de marzo. 

Nada en firme

Inda así o convenio Xunta-Concello para o transporte metropolitano inda non é unha realidade. Polo momento todo queda en anuncios. Resta por saber canto tardará en se concretizar nun acordo en firme que dea resposta a unha demanda social de vello. 

De feito, xa en xaneiro o pleno aprobaba unha moción do BNG para poñer en marcha o transporte metropolitano. Faltaba só o acordo entre socialistas e populares que, tras anos de polémicos enfrontamentos –e por temas tan variados como a Cidade da Xustiza ou as subvencións a Peinador-, achegan agora posturas de cara ás eleccións municipais do vindeiro ano.