00:37 h. martes, 19 de marzo de 2024

LOITA VECIÑAL EN COIA

Xurxo, un dos detidos en Coia: "Foi o policía quen me agrediu durante a detención"

 |  10 de febrero de 2015 (19:20 h.)

Xurxo J. R. , un dos tres detidos pola loita venciñal na rotonda de Coia, fala con Vigodixital horas antes de acudir a xuizo. Está acusado de presunto atentado e lesións a un axente durante un operativo da Policía Local o pasado 7 de xaneiro. A Fiscalía pide 2 anos e medio de prisión. Defende a súa inocencia e denuncia as agresións, verbais e físicas, do axente que o detivo. Tamén entrevistamos a súa avogada, Esther Lora, que asegura que a versión do policía non se sostén e que forma parte dunha campaña de represión para silenciar as demandas dos veciños e veciñas de Coia. 

[Imaxes do día da detención, cedidas por Rubens Rocha]