Aquelarre nace en 2007. Desde entón o grupo ten mudado e pasado por varias épocas, cunha evolución e concreción no seu son que os conduce até a publicación do seu primeiro traballo. O grupo xunta un grande número de estilos musicais e diferentes influencias, centrándose sobre todo no Heavy Metal e o Power Sinfónico.
“Requiescat in Pace” é o título do seu primeiro disco, publicado este ano. O álbum contén sete temas que, segundo describen, inclúe “cortes que van desde o heavy /power máis clásico ata algúns máis duros con certo regusto a estilos máis agresivos, coma o thrash e o death melódico. Melodías, rapidez e versatilidade son os elementos que dominan este primeiro traballo.”
O prezo do disco é 8 € + gastos de envío en formato físico (sobre unos 10 € con envío incluído). Podese encomendar a través do correo electrónico aquelarremetal@gmail.com
Aquelarre esté composto por:
- Baixo: Ramón Rodríguez (Moncho)
- Voz: Bernardo Viqueira (Icko)
- Batería: David Castro (Wevas)
- Guitarras: Cristobal Otero (Cristo) e Adrián Rosende (Viyu)
- Teclado: Enmanuel Iglesias (Manu)
Ligazóns
>>Web oficial: http://www.aquelarremetal.com/
>>Facebook: https://www.facebook.com/aquelarremetalVigo
>>Twitter: https://twitter.com/aquelarremetal
>>Youtube: https://www.youtube.com/user/AquelarreOficial