11:31 h. viernes, 29 de marzo de 2024

ASÍ SOA VIGO

Con Dallas Gracias o pop tórnase psicodélico e o rock espacial

mosK  |  25 de octubre de 2014 (04:49 h.)

En Vigo non só se fai metal. Aquí temos a Dallas Gracias, un grupo que fai unha música moi persoal e que autodefinen coma pop psicodélico e rock espacial. Un xeito propio de entender a música pop, no que se poden apreciar  matices da psicodelia que envolven os seus temas.

O grupo manifesta o seu gusto por Mucho, Love of Lesbian, Los Planetas, Zoé,... que enmarcan as súas influencias. Mais ofrecen un auténtico selo persoal que lles permite chegar aos e ás máis afeccionadas ao pop.

Un formación moi nova que están a traballar para dar a coñecer a súa música en actuacións na nosa cidade. O grupo gravou un EP de seis temas en xuño dos que se poden escoitar na rede. 

A banda presenta “La increíble historia de la chica de Autralia” cun directo o sábado 25 de outubro no XancaraJazz MusicBar, na Rúa Isabel II nº 6, a partires das 23:45h por unha entrada de 2€.

Dallas Gracias está composto por:

  • Voz e guitarra acústica: Pol Nuñez
  • Batería e coros: Sergio Martínez
  • Guitarra: Martín Verde
  • Baixo e coros: Nico Ariztía

 

Ligazóns


Para escoitar:

Para ver e escoitar:

Facebook: https://es-la.facebook.com/dallasgraciasvigo
Twitter: @DallasGracias
YouTube: https://www.youtube.com/channel/UC70gR29EqjVL_cZ2TUCGGrQ