01:50 h. Lúns, 23 de Outubro de 2017

Vigo Dixital

EXCLUSIÓN SOCIAL

Os catro mortos sen nome do Barrio do Cura

O colectivo Imán convoca un acto na honra das persoas sen fogar falecidas  durante os últimos meses nas ruínas do histórico barrio da cidade.

Redacción | @VigoDixital  |  24 de Septembro de 2014 (11:12 h.)
Más acciones:

Barrio do Cura [Imaxe: faltadeingenieria.wordpress.com]
Barrio do Cura [Imaxe: faltadeingenieria.wordpress.com]

Polo menos catro persoas morreron no que vai de ano no antigo asilo do Barrio do Cura ou nos seus arredores. Mortes anónimas, de persoas que vivían en condicións infrahumanas, que o colectivo Imán homenaxeará este mércores ás 11.30 horas na porta do asilo na rúa Pi y Margall.

“Con elo pretendemos lembrar por un momento a tódalas persoas que morren ano tras ano, a causa das enfermidades crónicas e a pobreza severa, e a falla de resposta da Administración Local ante as situacións de urxencia social, e as necesidades vitais e inaprazábeis das persoas, por carecer de recursos materiais e humanos suficientes para atender a demanda de axuda social”, denuncia o Imán, que estará acompañado pola parroquia do Cristo da Vitoria de Coia.

Mentres, o proxecto inmobiliario para o histórico barrio da cidade, abandonado e en ruínas, segue adiante. Os trámites económicos están desbloqueados, logo de que Patrimonio dera luz verde á última proposta, e só falta a entrada de capital ruso á empresa construtora, Karpin y Asociados SL.