00:12 h. Lúns, 21 de Agosto de 2017

Vigo Dixital

PROTESTA VECIÑAL

Segunda xornada de resistencia veciñal en Coia contra as obras do Alfageme

Axentes locais da brigada GOA tentaron desaloxar por segundo día á veciñanza que protesta contra a instalación do emblemático buque no barrio vigués. [Vídeos no interior]

Redacción | @VigoDixital  |  05 de Decembro de 2014 (20:23 h.)
Máis accións:

Veciñanza de Coia oponse ao desaloxo da Policía [Foto: Ikerman]
Veciñanza de Coia oponse ao desaloxo da Policía [Foto: Ikerman]

Decenas de veciños e veciñas de Coia volveron a paralizar, por segundo día consecutivo, o comezo das obras na rotonda de Castelao. Sobre as 17h, axentes locais da brigada GOA pediron aos manifestantes, unhas 15 persoas nese momento, que abandonaran o lugar para deixar paso ás máquinas e aos operarios que preparan o terreo para instalaren o emblemático buque Bernardo Alfageme.

Os axentes policiais tiñan ordes de mover o valado que tiña cortado o carril interior da rotonda, segundo testemuñas, que aseguran que a verdadeira intención era expulsalos para dar paso aos traballos. A tensión subiu coa chegada de dous furgóns policiais, que estiveron durante todo o día no barrio vigués. 

Decidiron en asemblea manter a concentración para o martes a primeira hora da mañá, cando está previsto que se reanuden as obras.

Ante a oposición veciñal, os operarios retiráronse e despois fixeron o mesmo as autoridades, pouco minutos antes de que se producira unha manifestación, na que participaron máis dun centenar de persoas. A marcha estivo organizada pola asamblea veciñal e apoiada pola Asamblea de Movementos Sociais de Vigo.

Entre os presentes tamén estiveron o candidato municipal do BNG, Serafín Otero, e membros de Anova e Equo. Na asamblea posterior, decidiuse continuar a protesta o martes a primeira hora da mañá, cando está previsto que se reanuden os traballos.

Caballero desoe a veciñanza

Abel Caballero reiterou que o Bernardo Alfagame estará na rotonda de Castelao pese a oposición veciñal, que minim

Pese a resistencia da veciñanza, o Concello mostrou a súa determinación a seguir adiante coa obra. O alcalde Abel Caballero reiterou que o Bernardo Alfagame estará na rotonda de Castelao porque “a cidade pasará por riba” (sic) dos opositores.

Caballero, como é habitual, minimizou o rexeitamento. De igual forma se manifestou o concelleiro de Fomento, David Regades, quen avisou de que a reanudación das obras non pasará do martes.

 

Vídeos

Paralización das obras pola mañá:

Concentración ás 19:00h.:

[Vídeos: Roberto Solano]