12:24 h. Miércoles, 20 de noviembre de 2019

Falsa ameaza de bomba na segunda maior empresa de Vigo

A alarma saltou cara as 12 do mediodía por unha chamada sospeitosa. A Policía desaloxou ao persoal da empresa Bosch, que unha hora despois volveu ao traballo.

Redacción | @VigoDixital  |  24 de octubre de 2014 (13:23 h.)
Más acciones:

Todo foi unha falsa alarma. Unha chamada cara as 12 do mediodía obrigou a desaloxar aos 750 traballadores e traballadoras das instalacións da empresa Bosch, a segunda maior de Vigo, por ameaza de bomba. 

A chamada foi realizada presuntamente dende Granada, segundo fontes de Bosch, por unha persoa que fóra rexeitada nun proceso de selección. As pescudas policiais apuntan a que o sospeitoso tería ameazado por esta razón á empresa.

A Policía inspeccionou os tres centros de Bosch en Vigo, sen encontrar ningún artefacto, e unha hora despois o persoal se reincorporou ao traballo nas oficinas da Avenida de Madrid.