A manifestación contra o caos dos servizos sociais coincidiu coa chegada de milleiros de cruceiristas á cidade, que presenciaron a protesta a poucos metro separados por un forte cordón policial. [Crónica en fotos e vídeo no interior]
Máis dun centenar de persoas, convocadas pola Asamblea de Movementos Sociais de Vigo, percorreron este sábado as rúas de Vigo para protestar unha vez máis polo caos dos servizos sociais e falta de políticas neste senso do Concello e a Xunta.
Un forte dispositivo policial agardaba aos manifestantes ao final do percorrido, fronte á delegación da Xunta en Vigo, con máis de 20 antidisturbios. A manifestación coincidía coa chegada de milleiros de cruceiristas á cidade, que presenciaron a protesta a poucos metros separados polo cordón policial.