00:02 h. viernes, 26 de abril de 2024

SOCIAL

Unha guía para as persoas que precisan unha axuda social

Redacción | @VigoDixital  |  02 de enero de 2015 (20:18 h.)

A ODS-Coia edita un manual no que explican como acceder aos servizos sociais e ás principais prestacións, froito de oito anos de experiencias.

Unha guía para as persoas que precisan unha axuda social. A Oficina de Dereitos Sociais (ODS) de Coia vén de editar un manual que recolle consellos e pautas de cómo acceder aos servizos sociais e dos pasos a seguir para obtar a unha prestación.

A realidade amosa que o que debería de ser un acceso seguro e transparente a un servizo público convértese nunha ‘carreira de obstáculos' onde desgraciadamente é preciso ir informada", apuntan.

Un documento onde condensan as experiencias acumuladas desde a súa creación en 2007, froito do contacto directo con centos de persoas e familias empobrecidas da cidade. A esas situacións límite, súmanse as trabas institucionais, cando se achegan aos servizos sociais.

A realidade amosa que o que debería de ser un acceso seguro e transparente a un servizo público (como a sanidade ou a educación) convértese, de feito, nunha ‘carreira de obstáculos' onde desgraciadamente é preciso ir informada de antemán, coñecer os nosos dereitos, saber o que dicir e o que non se ‘permite’ facer”, apuntan. 

O manual contén información útil sobre a documentación, prazos e requisitos para as principais axudas, tanto municipais como da Xunta. Tamén indican incompatibilidades e posíbeis problemas que poden encontrarse as persoas solicitantes. 

A guía está disponíbel en formato dixital (nesta ligazón) e próximamente en formato impreso, sinala a ODS.