19:41 h. Domingo, 23 de Xullo de 2017

Vigo Dixital

Cartas ao director

A nova lei da RISGA, unha desfeita

VIGO dixital está aberto ás túas opinións. Envía a túa carta ao correo electrónico cartas@vigodixital.com, indicando o teu nome e apelidos e documento de identidade.

Cartas ao director | 29 de Septembro de 2014

  • Por OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA (Vigo)

O 1 de xaneiro de 2014 entrou en vigor unha nova lei de RISGA. A Xunta superou o prazo máximo (6 meses) para ter o decreto que desenvolva a lei e mentres as de sempre sufrimos as consecuencias dunha lei moi condicionada pola escaseza de orzamento.

A indeterminación, a interpretación restritiva da lei e o “non hai cartos” semellan ser as coordenadas que guían a praxe da Xunta desde comezos de ano.

Sufrimos as consecuencias dunha lei moi condicionada pola escaseza de orzamento.

Temos un exemplo disto na non aplicación do complemento de alugamento. A disposición final segunda da lei que entrou en vigor o 1 de xaneiro establece que os tramos de inserción e transición ao emprego non se aplicarán ata a aprobación do decreto. Outra cosa é o complemento de alugamento. Malia que a lei fixa que os tramos e contías de dito complemento desenvolveranse no decreto, non é menos certo que a disposición transitoria cuarta establece que mentres non estea, este complemento tería unha contía máxima de 53 €, polo que a día de hoxe podemos exixir o seu pagamento de cumpriren os requisitos.

Todo isto é de aplicación para as que presentaran as solicitudes de RISGA no 2014 (ás que se lles aplica a nova lei). Aquelas persoas que entregaran a solicitude antes do 1 de xaneiro de 2014, ao igual que as que xa estiveran cobrando comezarán coas contías e baremos fixados na nova lei no ano 2015.

Infórmate e defende os teus dereitos!

Da RISGA á Renda Básica das iguais!

Máis accións:
Outros autores
Facebook