17:14 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Vigo Dixital

Esquerda Unida quere que o Celta asuma a maior parte dos custes do novo Balaídos

Propón ademais que o Concello e as administracións públicas que financien o proxecto reciban a cambio parte do que se recade no novo estadio.

Redacción | @VigoDixital  |  02 de Septiembre de 2014 (19:49 h.)
Más acciones:

En medio da pingueira de informacións e anuncios a respecto da reforma do estadio de Balaídos e a falta de que se presente de maneira completa o seu proxecto definitivo, Esquerda Unida reclamou hoxe que sexa o Real Clube Celta de Vigo, en tanto que “usufructuario exclusivo” desa instalación pública de titularidade municipal, quen “asuma o maior montante do importe do novo estadio”. 

Mentres Goberno municipal e Deputación polemizan a respecto da participación de ambas as administracións no financiamento do proxecto, o coordinador local de EU, Rubén Pérez,  pediu que as achegas que se fagan se fixen en función “do beneficio ou retorno que vai ter da explotación ou cesión de recursos que reciba”, en clara alusión ao Celta.

Pérez é partidario dun novo convenio de colaboración entre Concello e Celta para que o mantemento do estadio e o custo da renovación sexa amortizado “mediante a participación pública nos ingresos polo ususfructo da infraestrutura”. A proposta do lider local de EU suporía que o Concello (e as adminitracións públicas que financien a obra) se reservaría unha parte dos ingresos xenerados, entre outros, pola entrada aos encontros deportivos do Celta que se celebren en casa. Xustifica esta proposta para que a reforma do estadio, da que recoñece ser “evidentemente necesaria”, non se perciba socialmente “como un agravio económico nun tempo de crise na que os clubes privados de fútbol moven millóns de euros procedentes de múltiples ámbitos”.