00:14 h. viernes, 26 de abril de 2024

DISCAPACIDADE

Unha cadea humana de Coia ao Concello contra o peche de San Francisco

Redacción | @VigoDixital  |  21 de octubre de 2014 (10:00 h.)

FADEMGA e San Francisco animan á sociedade a participar na cadea humana coa que pretenden unir Coia co Concello. A acción terá lugar hoxe, terza feira, desde as 19:00h 

Agasfra continúa unha semana máis con protestos nas rúas de Vigo ante á privatización das 73 prazas do Centro Ocupacional da rúa Cangas, no barrio de Coia. Desta volta, e coa axuda da Federación de asociacións galegas de Persoas con Discapacidade Intelectual (FADEMGA), propóñense artellar unha cadea humana esta terza feira, 21 de outubro, desde ás 19h. 

A cadea partirá do centro afectado (R/ Cangas) e percorrera rúas mais céntricas de Vigo até chegar ao Concello. Calquera persoa pode inscribirse no 986297000 ou no enderezo electrónico da asociación para facilitar a organización do evento.

Con este novo protesto usuarias, familias e profesionais queren manter vivo o pulso ante a Xunta de Galiza pola privatización, empeoramento do servizo, desprazamento das usuarias a Mos e despedimentos de persoal, dun servizo que leva máis de 30 anos no barrio de Coia.

Apoio social e político

No plano político distintos grupos parlamentares posicionáronse na cámara galega contra a privatización e traslado das usuarias. A nacionalista Carme Adan do BNG destaca “ a total desprotección na que quedan as persoas usuarias e o persoal é evidente. O goberno galego debería mostrar máis sensibilidade”.

Ademais Agasfra non só conta cun gran apoio social demostrado nas ultimas tres acción desenroladas en Vigo, tamén con máis de 94.450 sinaturas rexeitando a privatización do servizo.