A dez días do debut na División de Honra Prata, a S.D. Octavio organiza hoxe, xoves, o “Torneo Concello de Vigo”
O pavillón das Travesas será esta tarde o anfitrión de máis de cinco hora do mellor balonmán vigués. Como colofón a pretempada o principal equipo da cidade S.D. Octavio, organiza o “Torneo Concello de Vigo” no que participarán as equipas da cidade, (S.D Octavio Vigo, UB Lavadores, S.D Carballal e Seis do Nadal-Coia).
O formato do evento será un cuadrangular, haberá dúas semifinais, partido polo terceiro e cuarto posto e final, cada un destes partidos será de 25 minutos. Desta volta no torneo participaran os equipos en categoría masculina de cadete e senior, a entrada será gratuíta.
A xornada comeza ás 17.00h o primeiro encontro será entre os equipos cadetes do Octavio e do Lavadores. Tras a finalización deste primeiro encontro, sobre ás 17:30 horas, será a quenda dos cadetes do Carballal e Seis do Nadal. Tras a finalización do Torneo na categoría cadete, o equipo anfitrión realizará a presentación oficial de todos os equipos da S.D Octavio Vigo para a tempada 2014/2015.
Unha vez finalizada a presentación do S.D. Octavio dará comezo o cuadrangular na categoría sénior masculina coas mesmos emparellamentos e formato que na categoría Cadete.