07:41 h. viernes, 19 de abril de 2024

CULTURA

O humor tamén vai por barrios

Redacción | @VigoDixital  |  15 de octubre de 2014 (16:53 h.)
[Imaxe: CVC Valladares]

Encetaron as audicións de preselección de candidatas/os para o 15º Certame de Humor do Centro Veciñal e Cultural de Valladares 

Onte iniciáronse as audicións de preselección de candidatas e candidatos, as datas fixadas para estas selección son o 14, 21 e 28 de outubro, de 20,30h até ás 21,30h.

Serán admitidas todas as variantes do humor: Chistes, mímica, imitacións e calquera outro tipo de representación humorística. Un tribunal, composto por compoñentes da dirección da entidade veciñal, elixirá tres finalistas que serán os e as seleccionadas. 

Un ano máis e tras a gran acollida en edicións anteriores o Centro Veciñal e Cultural de Valladares non dubidou en organiza o seu Certame de Humor que xa alcanza a súa decimo quinta edición, nesta edición a entidade veciñal confirmou que contarán coa actuación para o 9 de novembro de Paula Carballeira. O Certame celebrarase os días 2 e 9 de novembro no Auditorio do C.V.C. de Valladares.